Xa vedes que este ano, como homenaxe ás mulleres, cambiámoslle o nome á actividade. Unha vez máis, o pasado 12 de xuño, compartimos unha xornada inesquecible cos alumnos de cinco anos do CEIP de Casás. O noso alumnado de 1º de BAC e de varios cursos de ESO, amadriñaron e apadriñaron aos futuros lectores. Desexamos que as vindeiras xeracións teñan a ilusión ante a lectura que afilladas e afillados amosaron neste día.
Todo comezou cun conto, unha frautista moi famosa, os nenos que a seguen, as madriñas e padriños que os acompañan ata o xardín para compartir fermosas historias... e final feliz con agasallos para todos.
Parabéns, grazas por esta fermosísima xornada e ata o próximo ano.
Amadriña unha lectora 2014 on PhotoPeach
venres, 20 de xuño de 2014
martes, 17 de xuño de 2014
O Club de lectura no cemiterio de San Froilán
Alumnado pertencente ó Club de Lectura participou no acto dedicado a A NAI. Organizado polo Concello de Lugo no cemiterio da cidade, alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro recitaron poemas de Cabanillas e Darío Xohán Cabana entre outros. A soprano Paloma Suances púxolle música ao acto.
xoves, 22 de maio de 2014
GARCÍA MÁRQUEZ, IN MEMORIAM
Deixounos Gabo.
Grazas Gabo
Narrador e xornalista
colombiano, gañador do premio Nobel en 1982, creador das obras clásicas como
"Cien años de soledad", "El otoño del patriarca", "El
coronel no tiene quien le escriba"," Relato de un náufrago", "Crónica
de una muerte anunciada".
Artífice do territorio chamado
Macondo, onde conviven imaxinación, soño, desexo e realidade.
Abriu rutas marabillosas para
a literatura e proxectou mundialmente a novela latinoamericana.
Quédanos Macondo, Aureliano
Buendía, Santiago Nasar e outros moitos que convivirán con nós para sempre.
Co
gallo do Día do Libro, na biblioteca fixemos unha lectura de fragmentos de
Gabriel García Márquez para rendirlle unha merecida homenaxe con motivo do seu
pasamento:
Lendo a Gabo (25 de abril de 2014) on PhotoPeach
sábado, 10 de maio de 2014
NOVELA POLICIAL
Este mes adicámoslle a exposición no noso "altar" da biblioteca á novela policial.
Se che interesan as historias de asasinatos, atracos, investigación, intriga..., aquí podes atopar algunha das mellores novelas do chamado "xénero negro".
Agatha Christie, Stieg Larsson, Domingo Villar, Gaston Leroux, Eduardo Mendoza, Diego Ameixeiras, Patricia Highsmith, Antonio Muñoz Molina, Carlos G. Reigosa... estante agardando.
Como un bo detective, con ou sen lupa, ANÍMATE a botarlles unha ollada.
sábado, 12 de abril de 2014
MULLERES E LITERATURA NO SÉCULO XIX
Na
biblioteca podes visitar unha exposición de obras escritas por mulleres
literatas, as cales ata o século XIX parecían invisibles dentro dun mundo de
homes.
Rosalía
de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concención Arenal, Cecilia Böhl de Faber (alias Fernán Caballero), Emily Dickinson, Aurore
Dupin (alias George Sand), Emily
Brontë, Jane Austen, Charlotte Brontë, Louisa May Alcott, Mary Wollstonecraft,
Mary W. Shelley… son algunhas desas
mulleres.
Propoñémosche un xogo: tras ler os seguintes textos,
relaciónaos coa autora correspondente, a escoller entre as anteriormente citadas.
porque eu, con esta migalliña
coido que son a raíña do mundo."
DEUS AGASALLOU CUNHA
FOGAZA…

B)
“A
muller, nomeadamente se ten a desgraza
de posuír algún coñecementos, fará ben en ocultalos sempre que lle sexa
posíbel. Unha autora e colega miña no eido das letras describiu de xeito
prodixioso as vantaxes que ten para a muller o feito de ser fermosa e parva ao
mesmo tempo, de modo, pois, que tan só resta engadirlle, en desculpa do homes,
que para a meirande parte destes a imbecilidade feminina constitúe un engado
adicional, hai algún tan ben informados e razoábeis por si mesmos que non
desexan para a muller nada mellor que a ignorancia.”
ORGULLO E PREXUÍZO
C)
“Cando un home emprende unha viaxe, ten case
sempre presente o final da mesma; unha muller pensa máis nos incidentes do
traxecto, nas cousas estrañas que lle poidan acontecer no camino; na impresión
que poida causar nos seus compañeiros de viaxe; e, sobre todo, o que máis lle
preocupa é o coidado da vestimenta que leva, algo que constitúe, máis que
nunca, unha parte de si mesma, ao imaxinarse nun novo ambiente e, empregando
unha expresión francesa, causando sensación. Pode existir dignidade cunhas
preocupacións tan triviais?
Resumindo. As mulleres, en xeral, do mesmo xeito que a xente rica de ambos sexos, adquiriron todas as insensateces e vicios da civilización e deixaron fuxir o máis valioso de seu.”
Resumindo. As mulleres, en xeral, do mesmo xeito que a xente rica de ambos sexos, adquiriron todas as insensateces e vicios da civilización e deixaron fuxir o máis valioso de seu.”
REIVINDICACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER
“Mentres
eu estaba sentada acariñando estas reflexións, o marco da ventá caeu ó chan
detrás miña por unha puñada deste personaxe, e viuse por ela o seu negro rostro
botando chispas. Os barrotes da ventá estaban demasiado xuntos para que os seus
ombros puidesen pasar, e sorrín, contenta na miña imaxinada seguridade. O seu
pelo e roupa estaban brancos de neve e os seus afiados dentes de caníbal,
visibles polo frío e a ira, brillaban na escuridade.”
CUMES
BORRASCOSOS
“Cando
escoitou aquel nome, o señor Rochester apretou os dentes, ó tempo que unha
especie de espasmo convulso estremecía o seu corpo. Eu, como estaba tan pegada
a el, recibía a vibración daquel ataque de desesperada furia. Mentres tanto, o
segundo forasteiro, situado ata entón algo afastado xa cubrirá a distancia que
o separaba do altar e asomaba unha cara pálida por riba do ombro do seu
abogado.”
JANE
EYRE
“As
alteracións da vida non son nin moito menos tantas como as dos sentimentos
humanos. Durante case dous anos traballara infatigablemente co propósito de
infundir vida nun corpo inerte… Para iso privárame de descanso e de saúde.
Desexárao cun fervor que sobrepasaba con moito a moderación; pero agora que o
conseguirá, esvaecíase a fermosura do soño e a repugnancia e o horror me
embargaban.”
FRANKENSTEIN
“Este vaise i aquel vaise,
H)
“Os
ben do espírito multiplícanse a medida que son máis os que participan deles; os
materiais teñen limitacións que non pode traspasar o máis vehemente desexo.
Unha verdade é toda para todos; un elevado sentimento crece co número dos que
participan nel; as moedas dun saco tocan a menos cantos máis sexan aqueles
entre quen se reparten.”
A
INSTRUCIÓN DO POBO
“ - Busque quen lle faga a cea…, e que estea aquí… Eu voume, voume, voume,
voume…
E repetíao obstinadamente, sen
entoación, como que afirma unha cousa natural e inevitable.
- Que dis, malvada?
- Que me vou, que me vou... Á miña pobre casiña... Quen me trouxo aquí! Ai miña nai da miña alma!
Rompeu a moza a chorar amarguísimamente e o marqués requerindo a súa escopeta, regañaba os dentes de cólera, disposto xa a facer algunha barrabasada notable, cando un novo personaxe entrou en escena. Era Primitivo, saído dun recuncho escuro; diríase que levaba tempo alí agochado. A súa aparición modificou instantaneamente a actitude de Sabel, que tremeu, calou e contivo as báboas."
- Que me vou, que me vou... Á miña pobre casiña... Quen me trouxo aquí! Ai miña nai da miña alma!
Rompeu a moza a chorar amarguísimamente e o marqués requerindo a súa escopeta, regañaba os dentes de cólera, disposto xa a facer algunha barrabasada notable, cando un novo personaxe entrou en escena. Era Primitivo, saído dun recuncho escuro; diríase que levaba tempo alí agochado. A súa aparición modificou instantaneamente a actitude de Sabel, que tremeu, calou e contivo as báboas."
OS
PAZOS DE ULLOA
mércores, 2 de abril de 2014
DÍA MUNDIAL DO TEATRO - 27 de marzo
O 27 de marzo foi declarado Día Mundial do
Teatro desde 1961 polo ITI (Instituto Internacional do Teatro) e pola
UNESCO.
Este
ano está adicado ao dramaturgo sudafricano Brett Bailey: “Onde sexa que
haxa unha sociedade humana, o espírito incontrolable de presentación
maniféstase por si só.”
No
Leiras, para celebralo, fixemos unha pequena exposición
de programas teatrais, tanto de obras clásicas como modernas.
Agardamos que vos guste.
Ademais,
propoñémosvos un xogo (as pistas están ao final):
PASATEMPO: Gústache o teatro?
Aquí propoñemos unha serie de textos
famosísimos, sacados dalgunhas das máis célebres obras dramáticas de tódolos
tempos, e ti tes que descubrir os títulos correspondentes.
A) VECIÑA DESDENTADA.
Deste ovo saen polo menos cen
tortillas.
ANXA.
Pero batilo leva tres días tamén
polo menos.
VECIÑO GORDO.
Quero tortilla.
ELÍAS.
Anxa, o Toneladitas quere tortilla.
VECIÑO GORDO.
Quero laranxas.
VECIÑO TORTO.
Tamén quere laranxas.
ANXA.
Aquí non hai laranxas. As cirolas
esas (sinalando) non se poden coller, que estouran.
ELÍAS.
Non estourou máis ca unha, digo eu.
ANXA.
Cando estourou unha é que poden estourar
todas.
UNHA LARANXA.
Non señora. ¡Nin todos somos iguais!
... Eu
soño que estou aquí
destas prisións cargado,
e
soñei que noutro estado
máis
agradable me vin.
Que é
a vida? Un frenesí.
Que é a vida? Unha ilusión,
unha
sombra, unha ficción,
e o
maior ben é pequeno;
que
toda a vida é soño
e os soños,
soños son.
C) ... ¡Ser ou non ser; velaquí o problema!
¿Que é máis elevado para o espírito: sufrir os golpes e dardos da insultante
fortuna, ou tomar as armas contra un mar de calamidades e, facéndolles frente, acabar
con elas? ¡Morrer..., durmir, nada máis!
[...] Morrer...,durmir! Durmir!... Quizais soñar!
D) GASPAR.
¡Deus creador!
¿Que marabilla!
¿Que estrela
será esa que brilla?
Ata agora, non a tiña
percibido;
fai ben pouco
que ten nacido.
¿Nacería xa o
Creador,
de todas as
xentes señor?
Non é verdade, non sei o que digo;
todo isto non
vale un figo.
Outra noite o
catarei,
E se é verdade, ben o saberei.
E) Oh, Romeo, Romeo. ¿Por que es Romeo?
Nega a teu pai e rexeita o teu
nome.
Ou xúrame amor
e deixarei de ser unha Capuleto.
F)
XUÍZ.
Que vos
hei matar, creede,
neste
poldro , viláns.
Quen matou
ao Comendador?
PASCUALA.
Fuente Ovejuna, señor.
G) ... E non quero choros. A morte hai que
mirala á cara. Silencio! A calar dixen! As bágoas cando esteas soa!
Afundirémonos todas nun mar de loito. Ela, a filla máis nova de Bernarda Alba,
morreu virxe. Oístes? Silencio, silencio dixen! Silencio!
H) SEÑOR FUCO.
Ningún de vós morreu tan adoecido coma
min. Ti, Saturio, adormentácheste con xaropes da túa botica, para morreres ser
dores. Ti, Ramón, morriches atordoado polo viño e non te decataches do
pasamento. A miña morte foi arrabeada. Morrín como un can da rabia, coma quen
olla unha fonte de auga pura e non pode bebela. Eu morrín de sede. ¡Morrín por
namorarme de vello!
------------------------------------------------
Títulos:
- A casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca
- Fuenteovejuna de Lope de Vega
- Romeo e Xulieta de William Shakespeare
- Os vellos non deben de namorarse de Alfonso R. Castelao
- O auto dos Reis Magos. Anónimo
- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares
- A vida é soño de Calderón de la Barca
- Hamlet de William Shakespeare
venres, 21 de marzo de 2014
El enfermo imaginario no Club de Lectura
Por unhas horas fomos Argán, Belina, Angélica, Cleantes, Señor Diafoirus, Tomás Diafoirus, Señor Purgón , Toinette...unha comedia!!!
Club de lectura. El enfermo imaginario on PhotoPeach
xoves, 27 de febreiro de 2014
Día de Rosalía na Biblioteca
Organizado polo Equipo de Biblioteca e o EDL do centro celebramos o Día de Rosalía cantando Airiños, airiños aires; Rosa de abril e Adios ríos, adios fontes; seguindo a convocatoria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Velaquí unha reportaxe gráfica do actodomingo, 9 de febreiro de 2014
MULLERES EN CÓMIC
O noso “altarciño
dos libros” rende homenaxe ás mulleres como protagonistas das historias de
banda deseñada. Atopámolas mostrándose como loitadoras, divertidas, sufridoras,
reivindicativas…en resumo, vitais. Mulleres centro de historias e mulleres
que escriben e debuxan esas historias.
Mulleres en cómic on PhotoPeach
mércores, 5 de febreiro de 2014
100 ANOS de PLATERO Y YO (1914-2014)
Este ano conmemoramos o primeiro centenario da publicación da inmortal obra de Juan Ramón Jiménez.
Este contiño, feito como pasatempo e sen idea inicial de ver a luz,
converteuse nunha das obras máis universalmente coñecidas do autor.
Considérase un exemplo de prosa poética, porque, aínda
que non estea escrita en verso, a beleza das súas imaxes, as figuras
literarias marabillosamente escollidas e o ritmo marcado e cantarín da
narración, fan que cando lemos este relato esquezamos que estamos ante
un texto en prosa.
Parabéns Platero!
Parabéns Platero!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







