Comezamos o ano con esta fermosa cutametraxe sobre o valor dos libros e da lectura.
Ó igual que o seu protagonista en Biblioleiras pensamos que os libros nos conducen aos paraísos que son as bibliotecas.
mércores, 8 de xaneiro de 2014
mércores, 18 de decembro de 2013
Mafalda Soto visita o Leiras Pulpeiro
Mafalda Soto cooperante en Tanzania, traballa na campaña "Ponte na súa pel" da ONG Africa Directo que pretende mellorar a calidade de vida dos albinos. Ademais de informarnos do proxecto no que traballa, falounos das condicións de vida dos africanos, da súa cultura e organización social rompendo os tópicos e as falsas ideas que temos sobre este continente.
Mafalda transmitiunos a súa ilusión e compromiso. Non nos deixou indiferentes. Escoitándoa sentimos que con persoas coma ela o mundo é mellor. Parabéns para Mafalda
Mafalda Soto, cooperante en Tanzania, visita o Leiras Pulpeiro on PhotoPeach
martes, 10 de decembro de 2013
Marica Campo no Leiras. Xoel aprendeu a voar e Sherezade
O pasado 25 de novembro visitou o noso centro Marica Campo para falar ao alumnado de 1º de ESO do libro E Xoel aprendeu a voar. O alumnado fixo preguntas moi interesantes sobre esta lectura.
Como neste día se celebra o Día internacional contra a violencia machista, a escritora explicounos as ideas e crenzas que levan á dominación das mulleres polos homes. Ademais leunos un poema inédito da súa autoría que, partindo do personaxe de Sherazade d' As mil e unha noites, chama ás mulleres a rebelarse contra esta inxusta dominación. Reproducimos aquí os últimos versos:
para salvarnos todas ou ningunha,
cara un porvir de rosas camiñando.
Marica Campo, Xoel aprendeu a voar e Sherezade on PhotoPeach
luns, 9 de decembro de 2013
Un feixe de poesía na porta
A alumna do noso centro Inma Alonso Rodríguez de 2º de BAC vén de participar na publicación do libro colectivo de poesía UN FEIXE DE POESÍA NA PORTA.
Parabéns para Inma.
Inma Alonso e Un feixe de poesía na porta on PhotoPeach
Parabéns para Inma.
Inma Alonso e Un feixe de poesía na porta on PhotoPeach
domingo, 1 de decembro de 2013
Día Internacional contra a violencia machista
O 25 de novembro visitáronnos catro colaboradoras da Asociación Enriqueta Otero que cunha orixinal actividade baixo o lema "NON É A TÚA MEDIA LARANXA, É O TEU EXPREMEDOR" pretende concienciar a mocidade sobre as relacións afectivas saudables, relacións estas imprescindibles para eliminar a violencia de xénero.
Nesta atractiva actividade participou alumnado de 3º e 4º de ESO.
Asociación Enriqueta Otero visita o Leiras Pulpeiro on PhotoPeach
martes, 19 de novembro de 2013
O Club de Lectura visita a Biblioteca Nodal
Os alumnos e alumnas do club de lectura fixemos unha visita á Biblioteca Nodal de Lugo, a máis grande da cidade.
O primeiro que fixemos foi baixar a unha
sala onde estivemos comentando os libros que trouxeramos. Eu levei “La sombra del viento” de Carlos Ruíz Zafón. Moitos dos
integrantes do club levaron obras de Laura Gallego, autora que está a
causar sensación.
Tras a tertulia literaria
pasaron a ensinarnos á biblioteca. Na sala para adultos faláronnos do CDU
(o sistema polo que se ordenan os libros na biblioteca) e como
acceder ao catálogo, dende casa ou dende a biblioteca, para consultar os fondos ou renovar os que teñamos en préstamo.
Nese mesmo andar,
ensináronos a sala Montenegro e a sala Menacho, onde se gardan libros
moi antigos que foron doados á biblioteca, entre eles a primeira edición
do dicionario da RAE.
Logo leváronnos á
comiteca. Ten unha cantidade de
películas e cómics impresionantes. Tamén nos ensinaron a sala de
consulta, onde, entre outras cousas, hai un ordenador adaptado ás
persoas discapacitadas.
A visita rematou na sala
infantil, onde nos despedimos e demos unha última volta antes de volver
para a casa. A min persoalmente gustoume moito esta actividade e
gustaríame que houbese máis saídas deste tipo, que non deixan de ser moi
interesantes e de acercarnos á cultura literaria de xeito ameno.
Diego Ardura. 2º ESO
Gustoume moito a Biblioteca Nodal pola súa organización e a grande variedade de libros. Seguramente volverei outro día.
Román Casas. 1º ESO
O que máis me gustou da experiencia foi ver unha sala con libros antigos que doara unha familia.
Jennifer Gómez. 2º ESO
Nunca estivera nesa biblioteca e impresionoume. Cando chegamos á sección xuvenil a vista íaseme ó andel que contiña a saga de libros que estou lendo.
Emma Gándara. 2º ESO
O Club de Lectura "Lecturas Leirantes" na Biblioteca Provincial on PhotoPeach
martes, 5 de novembro de 2013
A biblioteca é un tesouro
O 24 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas, o alumnado do Leiras depositou no cofre dos desexos as súas desiderata bibliográficas.
Observade o cofre acugulado que nos dá idea do éxito desta actividade.
O ano que vén repetiremos.
Observade o cofre acugulado que nos dá idea do éxito desta actividade.
O ano que vén repetiremos.
domingo, 13 de outubro de 2013
Benvidos/as á Biblioteca
Comezamos as actividades da Biblioteca deste curso cunhas xornadas de acollida e formación de usuarios para o alumnado de 1º de ESO. Velaí podedes ver a reportaxe gráfica.
mércores, 3 de xullo de 2013
Ata setembro
Foi realizado polo alumnado de Plástica do noso centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)